top of page

A Avenida Xosé Cuiña de Lalín permanecerá cortada desde mañá, mércores, e ata o venres

O motivo desta acción é efectuar os traballos de conexión de redes de servizos da rúa


Ecos da Comarca/Lalín

A Avenida Xosé Cuiña de Lalín permanecerá cortada desde mañá, mércores, e ata o venres co fin de efectuar os traballos de conexión de redes de servizos da rúa. Ao longo destes días haberá unha serie de cortes temporais. A vía estará perfectamente sinalizada e direccionada para facilitar o paso dos vehículos.

O tráfico pesado terá cortado o acceso á vía dende a rotonda de Vila de Cruces e pola parte alta dende a rotonda da parte de Arriba do Lalín Arena.

Os vehículos lixeiros poderán chegar ata a rotonda que vai dar cara a rúa Escaldes Engordany desviando o tráfico por esta rúa. Pola parte de arriba do Lalín Arena estará tamén cortada para os lixeiros.


De non rematarse as obras o venres, reinstaurarase o tráfico durante a fin de semana cortando de novo o luns, tal e como indica o Concello.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page