top of page

A aula de Educación de Persoas Adultas do Concello de Arzúa inicia o novo curso escolar

O período de matriculación e información xa se atopa aberto


Ecos da Comarca/Arzúa

A aula de Educación de Persoas Adultas (AEPA) do Concello de Arzúa inicia o novo curso escolar co profesor Luis Vázquez García á fronte da dirección. O período de matriculación e información xa se atopa aberto en horario de 16 a 22 horas na sede do centro, situada no Edificio Multiusos “Terra do Queixo”, primeiro piso, porta 6.

A oferta educativa do AEPA é ampla e variada. Inclúe a Escola das Persoas Maiores, (Educación EBI e talleres de atención e memoria), Preparación das probas de Competencias Clave, niveis I e II, Secundaria (graduado en ESO, proba libre de secundaria, preparación de probas de acceso a FP, grao medio e superior), Bacharelato (nas modalidades de ciencias, ciencias sociais, humanidades e artes), así como educación lingüística para inmigrantes.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

 A matrícula das ensinanza oficiais —como o título en Educación Secundaria Obrigatoria— manteñen aberto o prazo de inscrición durante todo o curso, mentres que no resto dos cursos está suxeita ás datas convocadas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.


Máis información a través do correo electrónico aepa@concellodearzua.com e do número de teléfono 981 500 000, ext. 100 



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page