Tamén oferta prazas para dous obradoiros para a instalación, uso e configuración da app do sergas: sergasmóbil
Laura Moure/Arzúa
A aula CeMIT do Concello de Arzúa ten aberto o prazo de inscrición para tres cursos de alfabetización dixital de 30 horas de duración cada un deles onde, dun xeito progresivo, se iniciará aos asistentes aos smartphones e as súas aplicacións máis empregadas baixo Android e no PC: buscadores, navegadores, correo electrónico, administración electrónica e un inicio ao procesador de textos libreoffice writer.
Estes cursos, que son gratuítos, iniciaranse o primeiro o día 21 de febreiro, o segundo o 22 de marzo (ambos de 11:30 a 13:00 horas) e o terceiro en horario de tarde, de 18:15 a 19:45 que arrancará o 19 de abril .
Tamén se ofertan prazas para dous obradoiros para a instalación, uso e configuración da app do sergas: sergasmóbil. Estes serán os días 7 e 28 de marzo de 18:30 a 20:00 horas.
Para inscribirse ou para obter máis información os interesados poden chamar ao 981 500 447, pasar pola aula CeMIT, situada na Rúa de Lugo s/n, en horario de luns a xoves de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 e o venres de 11:30 a 13:30 ou escribirse a través do correo electrónico cemit.arzua@xunta.gal
תגובות