Ecos da Comarca/Dozón/Cruces
Esta fin de semana, o sábado 3 de febreiro, levouse a cabo o 10k Vila de Padrón, nun circuíto homologado. O CD Biosbardo, representado por tres atletas, estivo unha vez máis amosando unha boa progresión e a veciña de Dozón Tamara García quedou subcampioa sénior.
Cun tempo de 39’ e 44’’ Tamara García fíxose coa 4ª praza absoluta facendo mellor marca persoal, conseguindo así a atleta de Dozón o subcampionato senior nesta proba, con distancia homologada.
Publicidade
"Cabe destacar a rápida recuperación despois de loitar a pasada fin de semana na Fonsagrada, nunha proba de 30k, tamén coas mellores corredoras de trail running de galicia; ó tempo que amosa a súa polivalencia nunha gran variedade de probas", sinala o clube.
Publicidade
Emilio Montilla
"O 10k padronés tamén non só nos brindou a “medalla de chocolate” en categoría feminina con Tamara, senón que Emilio Montilla (Vila de Cruces) tamén se fixo coa 4ª praza master B cun tempo de 34’43’’", engade.
Comments