top of page

A Asociación Xenerais do Antroido da Bandeira faise cargo das festas do Entroido neste ano 2022

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O colectivo estará presidido por Alberto López Pérez e toma o relevo coma vicepresidente Alberto García Fernández


Laura Moure/Silleda

A Asociación Xenerais do Antroido da Bandeira (Silleda) ponse á fronte da xestión da tradicional celebración do Entroido nesta localidade tras presentar a súa candidatura na asamblea extraordinaria celebrada este venres no Centro Cultural Vista Alegre. Foi a única candidatura presentada. Desta forma, toma o relevo na procura de volver a celebrar esta festa o sábado 26 de febreiro.

A nova directiva da asociación.

A directiva está encabezada por Alberto López Pérez ocupando o cargo de presidente e secundado por Alberto García Fernández (vicepresidente), Diego Cangas Costa (tesoureiro), Mariña López Rodríguez (secretaria) e conta con catro integrantes como vogais. Estes son: Mara Rey Codesido, Adrián Villar Calviño, Diego Rodríguez Bahamonde e Lucrecia Balagué Blanco.


O principal obxetivo que se plantexa é retomar as festas do Entroido na localidade de A Bandeira, o cal desapareceu nos anos 2019 e 2020 por mor da pandemia da Covid-19. Durante a asamblea mencionouse a importancia de retomar esta celebración, non só pola

importancia da mesma, senón polos feitos acontecidos en semanas anteriores coa tráxica morte de Bran, o mozo desta localidade falecido en Ames tras ser atropelado polo seu propio vehículo. O presidente concluíu a asamblea asegurando que todo o proxecto se fai por e para el e porque el é Bandeira e el é Entroido.

댓글


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page