Asegura que "contaminan o monte de Piñor e as pozas de auga natural na parroquia de Furelos"
Ecos da Comarca/Melide
A Asociación de Troiterios Río Furelos de Melide denuncia novos vertidos. Asegura que "as augas residuais do polígono industrial de A Madanela de Melide chegan á Rede Natura 2000 e contaminan o monte de Piñor e as pozas de auga natural na parroquia de Furelos para volver outra vez ao rego de Reboredo e o río Furelos".
Indica que xa denunciou o feito e ademais, sinala que parte do monte aparece "arado con regos e varias pozas están secadas con escombros e residuos de obra". Ademais, explica que unha zona deste monte pertence ao Concello de Melide e outra parte á comunidade veciñal. A asociación recalca que denunciou ante Augas de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente, Seprona e o Concello de Melide. "Comprobaron os feitos o alcalde, a Policía Local, un responsable de catastro para identificar a parcela e os propietarios, o presidente da Asociación Troiteiros Río Furelos e o secretario". E posteriormente, como indica, tamén Seprona, Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente.
A zona afectada.
Autor: Asociación de Troiteiros Río Furelos.
Comments