top of page

A Asociación Troiteiros Río Furelos asina un convenio de colaboración coa Xunta

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O obxectivo "é establecer as condicións para a realización de actividades ou investimentos en favor da riqueza piscícola das augas continentais, así como na mellora dos ecosistemas fluviais"


Ecos da Comarca/Melide

Asinouse un convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Asociación de Troiteiros Río Furelos de Melide. É obxecto deste convenio "é establecer as condicións para acordar a colaboración entre a CMACC e a entidade colaboradora ASOCIACIÓN DE TROITEIROS RÍO FURELOS DE MELIDE para a realización de actividades ou investimentos en favor da riqueza piscícola das augas continentais, así como na mellora dos ecosistemas fluviais". O tramo de río obxecto deste convenio é o couto de pesca denominado “Furelos” no río Furelos.


A Entidade Colaboradora comprométese ao seguinte:

a) Cumprir os requisitos establecidos nos artigos 37 a 38 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de

maio).

b) Manter en bo estado de uso os accesos, as sendas e mailos postos de pesca do couto

durante a tempada de pesca.

c) Realizar tarefas no couto de xestión de residuos que a pesca e outras actividades autorizadas podan xerar (recollida de lixo e traslado a vertedoiro ou punto de recollida,

extracción de peixes mortos).

d) Implementar e manter operativo un sistema de avaliación das capturas e do esforzo de

pesca no couto co obxecto de comprobar a adecuación do plan de xestión deste no transcurso do tempo. O dito sistema deberá cumprir cuns requisitos técnicos mínimos (no Anexo I xúntase modelo cos contidos mínimos). Esta información será avaliada polo Servizo de Patrimonio Natural, que elaborará un informe anual.


Ademais colaborarán co Servizo de Patrimonio Natural, de ser o caso e previa demanda, no guiado de capturas no couto e nos tramos libres próximos, en traballos programados ou desenvolvidos polo servizo de Patrimonio Natural ou por centros de investigación de

recoñecido prestixio, así como en mostraxes e inventarios.

foto

e) Facilitar a cada membro da entidade colaboradora un documento ou tarxeta de identificación. Mentres se faga uso dun dos permisos de pesca reservados á entidade colaboradora, deberase estar en posesión da identificación antes sinalada, xunto co

resto de documentos que require a normativa de pesca.

f) Comunicar ao Servizo de Patrimonio Natural, cun mínimo dunha semana de

antelación, a execución de traballos de mantemento ou mellora do couto, de ser o

caso, previa a obtención das autorizacións ou permisos correspondentes, nos casos

nos que sexa preceptivo. Respectarán as condicións de execución que poida establecer o dito Servizo.

g) Escoller as tres cotas diarias de permisos ás que se refire o artigo 33 do Regulamento no couto de pesca do que é obxecto este convenio.

h) Distribuír os permisos de pesca unicamente entre membros da sociedade ou asociación. A distribución destes permisos será equitativa.

i) O nomeamento de dous representantes para a comisión de seguimento.

j) Participación nos programas de detección temperá de especies exóticas invasoras e

nos programas de vixilancia que organice a CMACC.


k) Sinalizar o couto de pesca. Esta obriga inclúe tanto o mantemento dos sinais actuais coma a colocación de novos sinais naqueles puntos onde indique o Servizo de Patrimonio Natural, así como a súa reposición durante a duración do convenio.

l) Realizar o mantemento das infraestruturas existentes no couto.(5% permisos)

- Pasarelas situadas no río Furelos, situadas en As Mazairas e Güillar.

- Pasos de Petos, Pasos de Pereiros e Pasos de Güillar, nos concellos de Toques e

Melide.

- Escala do Folicheiro no río Furelos (Melide)


ll) O desenvolvemento de actividades relacionadas co ecosistema fluvial coa realización de eventos e actuacións encamiñadas a potenciar e difundir a protección da fauna ictícola e do medio natural, así como o aproveitamento deportivo sustentable; fomento

da pesca sen morte como medida de conservación dos recursos ictícolas, co impulso

do emprego das técnicas de pesca menos lesivas e promoción, especialmente entre o

público máis novo e o colectivo de discapacitados e actuacións de divulgación e

fomento dos valores deportivos e medioambientais asociados á práctica da pesca

deportiva, cursos de sensibilización ambiental para o coidado e respecto á Natureza;

xornadas de erradicación de especies exóticas invasoras.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

 Xornadas de limpeza do río Furelos e afluentes.

 Actuacións de divulgación e sensibilización con nenos e discapacitados.

 Cursos de mosca e culleriña sen morte. Outras: divulgación escrita na prensa.


m) Dispoñer dun equipo que ao longo de todo o ano se dedique ao coidado, mantemento

e limpeza das marxes dos ríos e das súas sendas.


A Consellería pola súa parte asume os seguintes compromisos:

a) Reservar para a entidade colaboradora o CINCUENTA por cento (50 %) dos permisos de pesca no couto citado para cada un dos días hábiles de pesca de cada tempada. Da reserva poderanse exceptuar catro xornadas de pesca con destino a concursos deportivos oficiais e actividades sociais de entidades colaboradoras sen convenio, en previsión do disposto nos artigos 32 e 33 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial

e dos ecosistemas acuáticos continentais (no sucesivo, Regulamento) e a reserva de

permisos para o fomento do turismo (art. 28 a 30 da citada normativa).

b) Reservar para a entidade colaboradora a totalidade dos permisos do couto para tres

xornadas de pesca en cada tempada, quedando excluídas as tres primeiras semanas da tempada.

c) Asesorar á entidade colaboradora naqueles aspectos técnicos do presente convenio que o requiran. Antes do inicio de cada traballo de mantemento ou mellora, persoal do Servizo de Patrimonio Natural efectuará unha inspección previa, asesorará aos membros da entidade colaboradora sobre o xeito de realizar os traballos e, unha vez rematados, certificará a súa correcta execución.

 

Pode consultarse todo o convendio no enlace:


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page