Este ano este evento internacional de disciplinas de baile foi online debido á pandemia do coronavirus
Laura Moure/Deza
A Asociación Sociocultural Máisquedanza de Lalín continúa recolectando éxitos. Os últimos os acadados hoxe no Vigo Porté 2021.Este evento internacional de disciplinas de baile tivo que celebrarse este ano de maneira online debido á pandemia. Máisquedanza Conseguiu un primeiro e un terceiro premio.
En concreto, logrou o terceiro premio na categoría Urbana con diploma personalizado para a coreografía Mulleres (Yolanda Ogando e Marta Maceiras) e primeiro premio na categoría Urbana Absoluta con diploma personalizado e inscrición gratuíta no vindeiro Porté online para W-Crew (Grupo absoluto).
Cabe mencionar que as bailarinas e bailaríns de Máisquedanza mostran en cada actuación o seu talento e as súas coreografías e bailes son espectaculares. Sen ir máis lonxe tivo unha gran acollida a súa coreografía feita con motivo do Día das Letras Galegas. Deixamos por aquí o enlace do vídeo desta coreografía coa música de Tanxugueiras e o seu tema Midas.
Comments