top of page

A Asociación Social e Cultural Garatuzas de Piloño organiza unha xornada de multiaventura en Marín para os seus asociados

Será o domingo 23 de xuño


Laura Moure/Vila de Cruces

O próximo 23 de xuño a Asociación Social e Cultural Garatuzas de Piloño organiza unha xornada de multiaventura en Marín para os seus asociados. O día empezará cedo, ás 9:30 horas cando unha deputada provincial fará entrega dun pequeno agasallo aos participantes da actividade antes de que partan cara ao Morrazo.


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.

"O domingo será un día intenso e cheo de emocións para os máis pequenos. O programa inclúe a visita ao Lago Castiñeiras, onde se realizará un pequeno roteiro de sendeirismo e visitarase o Conxunto Megalítico do Chan de Castiñeiras. A continuación, irase ao Parque dos Sentidos (Granja de Briz), un espazo natural que permite múltiples formas de diversión (tobogáns de todos os tamaños, pasarelas, pontes colgantes, zonas de escalada...). E, o broche final será a visita ao Ecoparque de Marín no que as familias poderán facer algún circuíto multiaventura", explica o colectivo.


Para organizar esta actividade a entidade conta coa concesión dunha subvención do Programa + Convivencia da Deputación de Pontevedra.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Garatuzas é unha asociación cunha programación periódica e continua ao longo do ano, orientada ao acompañamento e ao lecer familiar. Conta cun club de lectura, realiza diversos talleres, conmemoracións e efemérides (Nadal, Entroidos, Día do Libro, Samaín) visitas e colaboracións con outros colectivos como a Fundación Paco Lareo, Neira Vilas, AMPA Paxarinhas...). Actualmente, conta con 27 familias asociadas e 44 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos.



Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page