top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Asociación Social e Cultural Garatuzas de Piloño organiza para o 4 de agosto a festa da Rapazada

Será unha xornada repleta de diversión e rógase que os interesados se inscriban na actividade con anterioridade, co fin de facilitar a súa organización


Laura Moure/Vila de Cruces

A festa da Rapazada celebrase o venres 4 de agosto no antigo campo de Fútbol

de Piloño (Vila de Cruces). Será unha xornada repleta de diversión que arrincará ás 16:00 horas cun torneo pista americana para menores de 18 anos, todo tipo de inchables (acuáticos xigantes, de saltos, campos deportivos), múltiples sorteos e moitas sorpresas.

O evento é por e para os nenos, porque eles son os protagonistas e destinatarios de todas as actividades que se planifican para ese día. A festa está organizada pola Asociación Social e Cultural Garatuzas de Piloño, unha entidade sen ánimo de lucro que se constituiu en novembro do ano pasado. A súa finalidade é a de dinamizar esta parroquia cruceña e a súa contorna, promovendo actividades culturais e sociais orientadas á infancia e ás súas familias.


Publicidade

De feito, a entrada é gratuíta para os asociados á organización. Os menores non asociados a Garatuzas deberán pagar cinco euros que se abonará o mesmo día. Con anterioridade ao 4 de agosto pídese que os interesados inscríbanse na actividade, co fin de facilitar a súa organización (https://forms.gle/KdehnDxqDBvKfCHJ7 ), á vez que permite participar nun sorteo exclusivo.

Garatuzas ten unha programación periódica e continua ao longo do ano. Conta cun club de lectura, realiza diversos talleres, conmemoracións e efemérides (Muller e Ciencia, Nadal, Entroidos, Día do Libro, das Letras Galegas, Día do Medio) visitas e colaboracións con outros colectivos como a Fundación Paco Lareo, Neira Vilas, AMPA Cerdeiriñas…)




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page