A Asociación O Falar das Pedras de Rodeiro sastisfeita ante a boa acollida da cidadanía
Laura Moure/Rodeiro
A Asociación O Falar das Pedras e os seus representantes, a piques de rematar o seu primeiro ano, están "moi satisfeitos" coa aceptación recibida por parte dos rodeirenses.

Así mesmo fai un percorrido por todas as iniciativas programadas como foron unha recollida de alimentos, material sanitario e roupa para Ucraina; a Rodeiría de Outono, que tratouse dunha festa cultural aberta a todos os públicos; a actividade de zumba, no pavillón, que ten lugar os martes ás 20:30 horas e os xoves ás 20:00, sendo unha actividade aberta a todos e musicoterapia para maiores, que é os xoves ás 16:00 horas, onde hai unha lista de espera para facer un novo grupo sendo o máximo de 20 persoas.
Ademais,o colectivo indica que ten á venta lotaría da asociación na Esmorga e en Casa Sánchez. "Convidamos a todos a participar e se tes algunha proposta de actividade ponte en contacto con nós, estaremos encantados de botar unha man. Nós xa temos en mente varias propostas", adianta.