top of page

A Asociación Gandeiras e Gandeiros Galegos (Elas Eles) demanda "a dimisión inmediata" de Balseiros

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Tras a situación das últimas semanas na que se declararon en Galicia zonas vulnerables de nitratos, dende a Asociación  Gandeiras e Gandeiros Galegos (Elas Eles), reclaman "a dimisión inmediata do máximo responsable en materia como é o señor José Balseiros Guinarte, responsable da área de Gandería, e unha reprobación da conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, responsable desta área".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Sinala o colectivo que é "unha situación que o Parlamento Europeo trasladou en múltiples ocasións á comunidade autónoma galega, da cal non é allea, xa que o goberno de Rueda conta  con 4 Eurodiputados con vinculación á comunidade autónoma e uns 22 Eurodiputados do Partido Popular demócrata cristiano".


Reclamamos, insiste, "unha rectificación inmediata e un estudio feaciente das zonas delimitadas como vulnerables, tras apreciar incoherencias, xa que unha zona non se pode delimitar por un punto o cal non conta con zonas de zonas gandeiras como é a de Ferrol Zas, Santiso...".


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O presidente da asociación, o cruceño Adrián Riádigos, tamén ve como "unha clara intención de impoñer planta de biogás ao sector gandeiro e vincular o mesmo coa contaminación de augas cando non se quere facer público o rexistro e as localizacións de vertidos dos xestores de residuos, cunha clara opacidade na cal a Xunta ten as competencias de xestión e control".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page