A Asociación Gandeira Rubia Galega do País colabora nos traballos para recuperar a xenética desta raza
- Laura Moure

- 20 may
- 2 min de lectura
O proxecto liderado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria en colaboración con Xenética Fontao busca nas vacas de gandeirías de Rodeiro as características destas
Laura Moure/Rodeiro
A Asociación Gandeira Rubia Galega do País colabora coas labores de obtención de mostras de vacas rubias para a recuperación da xenética da Vaca Rubia Galega de antes,
“a tradicional”. Neste proxecto traballa da man de Xenética Fontao e da Axencia Galega
da Calidade Alimentaria (AGACAL), que serán as entidades encargadas de facer o
traballo de investigación para dar coa xenética axeitada.

Estas actividades enmárcanse dentro do proxecto titulado “Consolidación do núcleo de
vacún de raza Rubia Galega especialmente seleccionado polas súas cualidades
maternais no CIAM e posta a disposición de reprodutores e material xerminal desta liña
de selección xenética en ganderías galegas de vacún de carne”, que é liderado pola
AGACAL como proxecto de conservación xenética gandeira financiado polo Plan
estratéxico PAC 2023-2027 (PEPAC) dentro da subintervención 65052_02, cofinanciado
ao 8 0% por fondos FEADER, ao 14 % pola Xunta de Galicia e ao 6 % polo Ministerio de
Agricultura Pesca e Alimentación.
Para dar forma a isto, visitaron diferentes ganderías de Rodeiro e obtiveron mostras de
diferentes animais, que posteriormente analizarán e estudarán entre AGACAL e Xenética
Fontao. A recollida fíxose en exemplares nos que morfoloxicamente se identificou a
presencia de características maternais das vacas “de antes”, segundo o criterio do técnico
do investigador da AGACAL, Luis Vázquez, e do persoal de Xenética Fontao.
PUBLICIDADE
Entre os caracteres que teñen en conta están os maternais, de crecemento e do canal.
Como índices para decisión de selección, destacan os índices materno e de produción.
O índice de produción, que está equilibrado en canto a trazos maternos, de produción e
do canal, se orienta á selección de xovencas cunha ampla mellora en múltiples trazos.
Tamén se observa o índice materno que está especialmente deseñado para seleccionar
xovencas de recría por fertilidade, lonxevidade e maior peso dos xatos ao destete, sendo
unha ferramenta orientada á produción de xatos ao destete ou cun corto período de cebo.
Finalmente tamén se obtén un índice terminal, orientado a identificar animais cun
rendemento superior no canal, e que pon maior énfase no peso do canal quente, seguido
do marmoreado e da área do lombo.
Todos os gandeiros/as participantes obterán unha ficha técnica na que poderán ver, dos
animais seleccionado polos técnicos as puntuacións nos caracteres e índices xenéticos
indicados. Deste xeito, poden saber que animais teñen características maternais máis
similares a Vaca Rubia Galega “do país”.
PUBLICIDADE
A finalidade é identificar os animais da raza coas mellores características maternais, sen
descoidar as relativas ao crecemento. Así mesmo, estes exemplares seleccionados
poden ser de interese para a súa multiplicación nun futuro, permitindo así poder recuperar
e manter as características da Vaca Rubia Galega tradicional, que destacaba polo seu
potencial maternal, producindo leite abondo para aleitar as crías.








Comentarios