top of page

A Asociación do Polígono Industrial propón dotar ao Parque Empresarial Área 33 dunha escola infantil

A entidade fixo a proposta ao Concello que estudará a petición


Laura Moure/Silleda

A Asociación do Polígono Industrial de Silleda vén de propoñer a dotación dunha Escola Infantil no Parque Empresarial Área 33. Membros da directiva puxéronse en contacto nas últimas semanas co Concello de Silleda a fin de estudar a creación deste servizo, co que se busca facilitar ás familias silledenses que traballan no polígono a conciliación da vida laboral e familiar.

Dende o colectivo advírtese que, coa súa creación, habería máis oferta de servicios para a conciliación familiar e coidado de menores, debido a que actualmente a gardería pública existente ten xa todas as prazas ocupadas. Asemade xustifican tamén a súa solicitude na consideración de que este servizo redundaría na consolidación do tecido industrial de Silleda.

 

A Asociación de Empresarios do Polígono silledense propuxo deste xeito ao Concello a

dotación do servizo, tendo en conta que a entidade local dispón de parcelas no recinto

empresarial. 

Segundo a asociación, dende o Concello de Silleda o goberno municipal "comprométese a estudar esta solicitude, analizando a súa viabilidade en canto sexa posible e contando co apoio doutras administracións".

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page