Empezará o 7 de novembro coa música en directo de Suso de Boente
Ecos da Comarca/Agolada
O Concello de Agolada informa que a Asociación de Xubilados e Pensionistas San Pedro de Agolada reanudará o seu baile dos domingos.
Tras a pandemia e tras declararse a fin da situación da emerxencia sanitaria en Galicia é posible reiniciar esta actividade, que terá como escenario ao igual que en anos anteriores, o centro da terceira idade.
Empezará o 7 de novembro en horario de 19:00 a 22:00 horas. Para retomalo, a
asociación decidiu que o primeiro día haberá música en directo a cargo de Suso de
Boente.
Comments