top of page

A Asociación de Veciños de Vilamaior, en Monterroso, constrúe un local social coa axuda da Xunta

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O colectivo foi creado no ano 2008 e na actualidade conta con 114 socios


Laura Moure/Monterroso

A Asociación de Veciños de Vilamaior, en Monterroso, dotouse dun local social grazas a unha axuda da Xunta de Galicia ao abeiro do Plan específico de acción comunitaria para potenciar o asociacionismo veciñal. A Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes achegou 15.000 euros, o 90% do orzamento indicado na solicitude.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou onte o resultado da actuación, que consistiu na construción dun pequeno centro para reunións, duns 50 metros cadrados, con tellado a unha soa auga, paredes en bloque revestidas con morteiro hidrófugo, e o interior con cámara e illamento de la de roca; colocáronse cinco ventás abatibles de PVC branco e acometeuse a instalación eléctrica, con catro enchufes e oito focos de luz LED. No que respecta ao equipamento, adquiriron mesas, bancos e cadeiras e un ordenador.

A asociación foi creada no ano 2008 e na actualidade conta con 114 socios; ata o de agora carecían de sede propia, o que limitaba a súa actividade xa que tiñan que valerse dunha carpa exterior. O novo local suporá un lugar de encontro para os veciños e veciñas, no que realizar actividades, asembleas, e mesmo axudar ás persoas que o precisen no uso das novas tecnoloxías.

Arias explicou que a Xunta convoca anualmente axudas específicas destinadas a entidades de participación cidadá -organizacións veciñais, asociacións de mulleres rurais e comunidades de usuarios de augas- para realizar investimentos, tanto de obra como de equipamentos.

O delegado territorial destacou a relevancia do apoio a estas entidades, que son claves na dinamización social, o intercambio xeracional e o esparexemento, especialmente nos núcleos do rural. Nesta liña, referiuse á consolidación do orzamento do Plan específico de acción comunitaria para 2023, con 3M€ que manteñen o incremento do 20% rexistrado neste ano.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

En 2022, 224 entidades veciñais de toda Galicia recibiron apoio da Xunta para realizar obras de mellora nos seus locais, especialmente centradas na accesibilidade e na eficiencia enerxética, adquirir novo mobiliario e equipamento, ou reparar captacións de augas, entre outras.

No caso de Lugo houbo 31 colectivos beneficiarios que recibiron un global de 433.588 euros. Deles, 30 foron asociacións veciñais e un, unha asociación de mulleres rurais. “O obxectivo -sinalou o delegado- é mellorar a calidade de vida local e fomentar e dinamizar a participación veciñal e a cohesión social”.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page