top of page

A Asociación de Troiteiros Río Furelos celebrou a súa XXII Asemblea Xeral Ordinaria

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Entre outras cuestións, aprobou o orzamento e o programa de 2025 e actualizou a lista de socios que alcanza os 330


Laura Moure/Melide

O pasado sábado celebrouse no Salón de Actos do Multiusos de Melide a XXII Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Troiteiros Río Furelos de Melide. A directiva expresa a súa satisfacción polo seguimento realizado polos socios, que, por outro lado, manifesta o seu grande compromiso co Furelos e cos valores ecolóxicos que sustentan o traballo desenvolto pola Asociación.

foto

A asemblea iniciouse en primeira convocatoria estando presentes e representados o 70% dos socios e sendo presidida por Xavier Pazo Blanco en calidade de Presidente da Asociación. Abordaron o informe completo das xestións levadas a cabo no ano 2024 pola Xunta Directiva. Ademais, aprobaron por unanimidade o orzamento 2025; actualizaron a cuota socios/ socias; actualizaron a listaxe de socios/as (330) e aprobaron por unanimidade manter a mesma cota do ano 2024 para socios e os cotos ficando exentos do pago da cota:

  •  Os parados de longa duración

  •  Os discapacitados con un 33%

  •  Os menores de 18 anos

  •  Os maiores de 65 anos.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

E por último, abordaron o programa de actividades 2025, que tamén foi aprobado por unanimidade.


PROGRAMA 2025

a) Mantemento dos accesos e sinais do couto e vedados do río Furelos.

b) Mantemento da escala do Fulicheiro no río Furelos.

c) Realización das enquisas de esforzo pesqueiro ano 2025 no Couto do río Furelos.

d) Coutos do primeiro día gratis por sorteo.

e) XXI Campionato de pesca da Terra de Melide 5 de abril de 2025.

f) XIX Máster de Campións de pesca a mosca 10 de maio de 2025.

g) XIX Pesca e Ceiba 7 de xuño 2025.

h) Día do Socio 3 agosto 2025.

i) XXI Xornadas Limpeza río Furelos e afluentes (30/08/2025 // 6 e 13 /09/2025).

l) Campaña de Proxecto Ríos Adega de primavera e outono.

m) Limpeza simultánea Proxecto Ríos Adega, pendente de data.

n) Taller de Montaxe Mosca 11 e 18 de outubro 2025.

o)Taller de Montaxe Culleriña 15 e 22 de novembro 2025.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outro lado, tamén se informou aos socios e socias das principais novidades da Orden de Vedas e asinatura do novo convenio coa Xunta de Galicia.


Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page