Ecos da Comarca/Monterroso
A Asociación de Municipios del Camino de Santiago (AMSC) trouxo este xoves ata Monterroso a xornada ‘Conversas no Camiño’. A presentación da xornada correu a cargo da concelleira de Cultura, Jessica Rodríguez. Estivo acompañada do xerente da AMSC, Maximiliano Barrios, e pola presidenta da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés, Olga Iglesias.

Unha das conversas xirou arredor das mulleres no Camiño. O xerente explicou que o 53% das persoas que fan o Camiño son mulleres e destacou que se trata "da ruta cultural máis segura que existe para as mulleres".
Publicidade
De seguido, tomaron a palabra Irene García, artista plástica e peregrina; Ana Barreda, coordinadora de Hospitaleros e Mercedes Murillo (vía online), hospitaleira e peregrina, coautora do libro ‘Voces peregrinas, un canto al camino en femenino’. Para rematar, Maximiliano Barrios ofreceu un relatorio baixo o título ‘Horizonte. Os próximos 30 anos do Camiño’.
Comentários