top of page

A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia pon en marcha en Arzúa o programa Enrédate

É un programa totalmente gratuíto, no que os obradoiros grupais darán comezo en Arzúa o 21 de marzo


Laura Moure/Arzúa

Cofinanciado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, e do Fondo Social Europeo Plus, a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR)conta co apoio do Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa para desenvolver as actividades na vila, dentro da iniciativa Enrédate.


O proxecto busca prestar un servizo de atención personalizada e especializada a mulleres con discapacidade, facendo fincapé nas zonas denominadas como pouco poboadas segundo o Instituto Galego de Estadística. O obxectivo de Enrédate é, a través de accións tanto a nivel individual coas participantes como a nivel grupal, potenciar as súas capacidades e competencias para o desenvolvemento dunha vida máis autónoma.

É un programa totalmente gratuíto, no que os obradoiros grupais darán comezo en Arzúa o 21 de marzo e se desenvolverán semanalmente na Casa Beatriz ata o 21 de abril. Trataranse diversas temáticas, flexibles en función das necesidades das participantes, como autoestima e autoconcepto, habilidades de comunicación, recursos para persoas con discapacidade, igualdade de xénero, etc.

Para máis información pódese contactar co CIM de Arzúa ou directamente con ACADAR no teléfono 674 073 092 ou no correo info@acadar.org

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page