top of page

A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda ten en marcha unha campaña ata o día 31

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Ten como obxectivo reactivar as compras estivais no comercio local involucrando ás máis cativas e aos máis cativos da casa agora que están de vacacións


Laura Moure/Silleda

Dende o 30 de xuño ate o 31 de xullo a Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda, (ECOS), en colaboración co Concello de Silleda, pon en marcha unha campaña enfocada a reactivar as compras estivais no comercio local involucrando ás máis cativas e aos máis cativos da casa agora que están de vacacións. Cunha dinámica a modo de xincana "a búsqueda do tesouro" inclúe probas espalladas polos distintos establecementos socios e un mapa do tesouro no que deben ir acumulando puntos ata completar o mapa.

As tres primeiras persoas en completar o mapa teñen garantido un vale ECOS por importe de 100 euros cada unha para gastar no comercio local e ademais ao final da campaña, o día 3 de agosto sortearanse con todos os mapas completos depositados nas urnas habilitadas nos establecementos socios, moreas de agasallos donados polos membros da asociación: vales desconto dun 10% e un 20%, cheques directos de 10 euros e 20, para gastar no comercio local, lotes de produtos ECO, lotes de libros, lotes de lambonadas, melindres de Silleda, chuletóns de vaca, caixas de botellas de viño, empanadas, packs de produtos de beleza, complementos de moda, mantas, xogos de toallas, xogos de coxíns, plantas, reloxos, xoias, sesións de fotos en estudo fotográfico, etc.


O día 30 a expectación e curiosidade que a campaña despertou entre os clientes era considerable xa que para acceder ás probas a clientela debe escanear un código QR asignado a cada local que os leva directamente á proba e ésta debe ser levada a cabo "in situ" para así obter selos adicionais no mapa do tesouro.

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Cómpre recordar que esta campaña de ECOS se solapa co concurso de tapas "TapECOS", vixente ate o día 8 de xullo e a Campaña do Comercio Galego "Días Azuis" da que moitos dos socios ECOS son partícipes. Con estas actividades ECOS busca unha redinamización do comercio local nunha época na que as vacacións escolares e a chegada do bo tempo convidan a facer as compras fóra da vila.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page