Perruquería Marisa.gif

A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda sortea un televisor, unha manta e palomitas

Será durante unha campaña que lanzará do 3 de outubro ao 21 de dese mesmo mes


Laura Moure/Silleda

A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS) lanza do 3 de outubro ao 21 de dese mesmo mes unha campaña comercial coa que anima ás veciñas e veciños de Trasdeza a facer esas pequenas compras do día a día no comercio local. Evocando o típico das épocas de frío e baixo o lema Sofá, peli e manta, ti pos o sofá e ECOS pon todo o demais", a campaña rematará ese día 21, venres ás 21:00 cun sorteo dun televisor, unha

manta e flocos de millo.

"O funcionamento da campaña é ben sinxelo: será preciso xuntar tiquets de compras en establecementos ECOS por valor total mínimo de 30 euros, introducilos nun sobre de ECOS cunha tarxeta detallando o nome e o teléfono. Só cando se teñan xuntado os tickets por importe total de 30 euros se poderá acudir a un local ECOS para solicitar o sobre e a tarxeta e introducilos nas urnas habilitadas entrando así no sorteo que se celebrará o luns día 24 de Outubro ás 19:00 horas", explica a asociación silledense.

Despois de rematar esta, terá lugar a segunda quenda deste ano da campaña Días Azuis que organiza a Federación de Comercio Galego á que varios dos socios ECOS están adscritos. Coa campaña dos Días Azuis, do 1 ao 21 de novembro, e a campaña previa Sofá, Manta e Peli o comercio silledense cubrirá un longo período de actividades destinadas a premiar á clientela máis fiel ao pequeno comercio local. Todo isto xusto antes da campaña máis forte do ano: a de Nadal, na que xa a organización leva tempo a traballar.

14 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif