top of page

A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda lanza a súa campaña con motivo do Día da Nai

Esta promocionará o comercio e a hostalaría locais


Ecos da Comarca/Silleda

A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda lanza unha nova campaña con motivo do Día da Nai e de refrán vai o conto! Leva por título: Entre abril e maio ECOS racha o saio! Esta é a primeira edición desta campaña a cal comeza este venres 25 de abril e remata o vindeiro domingo 18 de maio. O sorteo terá lugar o xoves 22 de maio as 20:30 horas en directo a travéss do noso Instagram do colectivo.

Silvia López Romero (presidenta) e Ana Mª Andújar Rodríguez ( vicepresidenta) do colectivo.
Silvia López Romero (presidenta) e Ana Mª Andújar Rodríguez ( vicepresidenta) do colectivo.

Aos clientes con cada compra dun importe mínimo de 10 euros daráselle unha rifa que deberán cubrir co seu nome e teléfono de contacto e depositar na urna do establecemento no que mercou, cada rifa e unha participación no concurso, no cal, poderán gañar agasallos en forma de lotes, os cales foron mercados , como non, no comercio da asociación.



Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Tamén imos contar coa primeira edición de "CAÑECOS" ou xoves de cañas, que van ser as tardes dos xoves 1, 8 e 15 de maio e nas cales os clientes máis fieis ó noso comercio poderán desfrutar dunha caña ou un refresco totalmente de balde canxeando os vales que lle agasallaran nos establecementos onde fagan as súas compras. Estes vales van premiar a fidelidade dos clientes. Vanse repartir un total de 1.000 vales entre todos os establecementos para que repartan entre a clientela", explica o colectivo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Con esta nova campaña o que pretendemos e dinamizar o comercio local facendo tamén fincapé na hostalería e desta maneira, que todos os sectores dos que consta o comercio de Ecos queden incluidos. Poñemos fin así as nosas campañas de primavera e xa estamos a traballar no novo proxecto que queremos sacar para outono", engade a asociación silledense.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page