Laura Moure/Silleda
A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS) lanza unha campaña enfocada a dinamizar as compras previas á ponte do Pilar e que se extenderá ata final do mes de outubro. "Confiamos en que esta campaña funcione tan ben como funcionou na edición pasada (con moita participación e gran expectación no sorteo final)", resalta o colectivo.
Do 9 ao 31 de Outubro ECOS pon en marcha a segunda edición da campaña Sofá, Manta e Peli, na que sortea un televisor Samsung de 50´, unha manta e unha máquina para facer flocos de millo.
Publicidade
Por cada 10 euros de compra mínima daráselle a cada cliente unha rifa para poder participar. As rifas deben estar seladas por cada establecemento, deben ser cubertas cos datos do cliente (nome e teléfono de contacto) e deben ser depositadas nas urnas habilitadas nos establecementos ECOS.
"Do día 2 ao 3 de novembro pregámosvos que acheguedes as rifas das vosas urnas aos establecementos das directivas de ECOS (Librería Pily, De-Cores e Mamasunción no casco de Silleda e en Bandeira podedes entregalas na librería A Casiña dos Contos) para que poidamos celebrar o sorteo", indica a asociación.
Publicidade
O luns día 6 de novembro, a iso das 20:30 horas, terá lugar o sorteo en directo nas redes sociais do colectivo. "Sacarase unha soa rifa porque un só gañador levará o premio ao completo (TV, Manta, Máquina de flocos de millo e Bolsa de flocos de millo)".
Comentários