top of page

A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda dá a coñecer a súa completa campaña de Nadal

Inclúe variados sorteos, chocolate con churros, un gran premio de 1.000 euros ou roscóns de Nadal con vales para gastar nos establecementos locais


Laura Moure/Silleda

A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS) dá a coñecer a súa campaña de Nadal, que chega completa de actividades. "Fórmulas renovadas, expectación e o reparto de moitos agasallos mediante sorteos diarios caracterizarán un ano máis a Campaña de Nadal de ECOS baseada nos catro puntos que se detallan máis abaixo e na que a directiva leva xa meses traballando", sinala o colectivo.

1. XOVES DE CHURROS Volverá a haber dous Xoves de Churros. Os establecementos socios repartirán entre a súa clientela máis fiel vales por un Chocolate con Churros que se poderán canxear nas tardes dos xoves 22 e 29, de 17:00 a 20:00 horas, nos seguintes establecementos hostaleiros socios de ECOS: Cuppedia, Maripepa, Pukará, Debibian e Cafe Ina. Con isto, as ícomo coa maior parte das actividades que desde o colectivo lle propoñen ao Concello para estas datas, "búscase sacar á xente á rúa e que atopen nela sempre actividades atractivas que animen a facer as compras do nadal no noso comercio local".

2. CALENDARIO DE ADVENTO Do 1 ao 24 celebrarase como o ano pasado un sorteo diario de agasallos donados por todos os socios e socias a modo de Calendario de Advento. Os sorteos terán lugar de luns a venres ás 20:30 horas en directo no local do escaparate (Rúa Progreso Nº 64 baixo, ao lado de Ensoños) e será retransmidito desde as redes sociais da asociación. Os sorteos correspondentes a domingos e festivos aplazaranse ao seguinte día laboral.

Para poder participar no calendario os clientes deben facer compras nas súas tendas e establecementos ECOS de confianza e cubrir cos seus datos as rifas proporcionadas coas compras. Coma o ano pasado serán os concursantes os encargados de levar as súas rifas diarias ata a urna ubicada na entrada do local do escaparate do Calendario de Advento (Progreso nº 64 baixo) que estará dispoñible de luns a sábado das 9:00 ás 21:00 horas.

A directiva de ECOS xa estivo a traballar estes días na decoración do escaparate no local asignado este ano e agora está so prácticamente á espera de recibir os agasallos donados polos miembros do colectivo. "Os 24 sorteos do calendario de advento premian a fidelidade diaria da clientela polo que serán acumulativos", resalta o colectivo.

O día 24 recollerase a urna ás 20:30 horas e o sorteo final correspondente ao día 24 terá lugar o luns día 26. Se ben os sorteos diarios só se farán coas papeletas recollidas cada día no sorteo final do día 26 entrarán en xogo todas as papeletas acumuldadas desde o día 1. Ese luns 26, convocaranse a todos os gañadores dos 23 sorteos previos para que acudan ao local a recoller o seu agasallo e así poder disfrutalo nesas datas en familia. Ese mesmo día, tralo sorteo a directiva da asociación contactará tamén co gañador/gañadora correspondente ao sorteo do 24 para coordinar a entrega do seu premio.

3. SORTEO DE REIS A campaña para o Sorteo de Reis vai do día 1 de decembro de 2022 ao 5 de xaneiro de 2022 Para entrar no sorteo é preciso acumular tickets por importe total de 100euros. (Pode ser un só tiquet de 100 ou importe superior ou varios tickets de distintas tendas ou da mesma - sempre socios de ECOS- cuxa suma total sexa 100 euros como mínimo). Os sobres cos tickets e a tarxeta co nome e teléfono da persoa que xoga deben ser entregados nos mesmos establecementos ECOS que terán unha urna habilitada para o Sorteo de Reis durante todo o período de Nadal.

Gran premio de 1.000 euros Neste sorteo haberá un gran premio de 1000 euros para gastar en todo o comercio de Silleda (premio donado polo Concello). E os seguintes premios donados por ECOS: 1 de 500 euros para gastar nos establecementos ECOS. 1 de 300 euros para gastar nos establecementos ECOS. 2 de 200 euros para gastar nos establecementos ECOS. 3 de 100 euros para gastar nos establecementos ECOS.

Estes premios do sorteo de Reis non son acumulativos. A directiva da Asociació de Empresarios e Comerciantes de Silleda agradece un ano máis a colaboración do Concello coa donación do gran premio de 1000 euros para este sorteo.

4. ROSCÓNS DE NADAL CON VALES ECOS Como ven sendo tradición haberá varios centos de euros en vales ECOS escondidos nos roscóns de Reis de Panadería Mella, Pastelería Arco da Vella, Pastelería Dulce Deza, ConfiteríaTábora e Panadería Paulino. "Con esta campaña e as demais actividades programadas para estas festas desde o Concello de Silleda, a directiva da asociación confía en que a veciñanza se anime este ano máis ca nunca a facer as súas compras de Nadal no pequeno comercio local e disfrute da variedade de produto, o servizo postventa e trato cercano que os pequenos comerciantes do Trasdeza ofrecen", resalta a asociación sillendense.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page