top of page

A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Arzúa (AECA) recibe hoxe, sábado 24, a Papá Noel

Ademais, organiza unha gran festa de animación na que se repartirán distintos agasallos


Laura Moure/Arzúa

A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Arzúa (AECA) recibe hoxe, sábado 24, a Papá Noel e unha gran festa de animación. Será no Multiusos de Arzúa (Recinto Feiral Terra do Queixo) en horario de16 a 20 horas.


Papá Noel visitará o Centro Comercial Aberto de Arzúa e terá lugar a tradicional recepción na Casiña da AECA, situada no acceso ao Multiusos, onde se lles repartirán doces aos cativos.

"Todas as familias clientas do CCA Arzúa quedan convidadas á gran Festa de Papá Noel organizada pola Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa. A entrada será de libre acceso cun ticket de merca ou consumo, por cada nen@, de calquera establecemento asociado a AECA con data comprendida do 19 ao 24 de decembro de 2022. Será unha gran festa de animación infantil con moitos xogos, parque de inchables, animación musical e degustación de chocolate quente con churros (ata o fin de existencias)", indica a asociación.

Ademais, ao remate da recepción de Papá Noel, ás 20 horas.levaráse a cabo a recollida das cartas do buzón da «Casiña da AECA», e procederase á celebración dun sorteo presencial de agasallos no interior do Multiusos; o sorteo «CARTA A PAPÁ NOEL». "Non o perdades, AECA sorteará 30 estupendos agasallos. (Consultar bases do sorteo depositadas en A.E.C.A.)", apunta o colectivo.




0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page