A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa pretende renovar a súa directiva en setembro
O prazo para que presenten candidatura os socios permanecerá aberto ata o 15 dese mes
Ecos da Comarca/Arzúa
A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA) convoca a asemblea Xeral extraordinaria para o día 16 de setembro no Multisos Terra do Queixo, na aula nº 3 do primeiro andar. Esta será ás 14:00 horas en primeira convocatoria e ás 14:30, en segunda.

En dita asemblea, entre outros puntos da orde do día, terá lugar a celebración de eleccións para a renovación da Xunta Directiva. O actual presidente, Diego José Valiño Rodríguez, e os demais directivos consideran conveniente o nombramento de novos cargos despois de cada mandato, polo cal alentan a que os socios se animen a presentar a súa candidatura para darlle continuidade a este proxecto asociativo, e para levar a cabo unha renovación dentro da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa.
O prazo para que presenten candidatura os socios permanecerá aberto ata o 15 de setembro.