top of page

A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa celebrará en agosto a Feira de Stocks e Artesanía

Contará cunha vintena de stands locais e completarase a cita con música e maxia


Laura Moure/Arzúa

A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA) celebrará os días 2 e 3 de agosto a Feira de Stocks e Artesanía, un evento para dinamizar o comercio local e para favorecer a liquidación de existencias, ofrecendo aos consumidores grandes oportunidades de compra a prezos moi reducidos. A Feira foi presentada este mércores no Multiusos Terra do Queixo coa presencia de comerciantes participantes do Centro Comercial Aberto de Arzúa e da Xerente de AECA.

Esta feira de oportunidades xurde como a ocasión perfecta para incentivar as mercas das tendas locais, reunindo unha ampla variedade de establecementos nun mesmo espazo; que nesta ocasión será o Recinto Feiral de Arzúa.


Esta feira desenrolarase en horario continuo de 11 a 21 horas durante o sábado 2 e o domingo 3 de agosto. Este evento comercial contará cunha vintena de stands locais, nos cales se ofrecerán produtos de diferentes sectores, destacando especialmente a moda e o calzado, pero tamén con outras atractivas propostas, como produtos locais coa marca Artesanía de Galicia ou Artesanía Alimentaria, libros e xoguetes, agasallos personalizados, perfumes e decoración entre outras. De este xeito, as tendas participantes da feira terán a oportunidade de obter liquidez e liberar espazo no seu almacén de cara a vindeira tempada de outono.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ademáis, a cita contará cun espazo de ocio permanente da man de Biosbardos Animación, que achegará ao Multiusos os “Xogos do Mundo” e levará a cabo obradoiros de manualidades para facilitarlles as compras ás familias. Así mesmo, a feira contará cunha programación de actividades de animación que inclúe, entre outras unha sesión vermú ochentera a cargo do grupo “El Borrón del Escribano” o sábado 2 de agosto ao mediodía, e ademais contará co espectáculo “Hocus Pocus”; un show de maxia cómica para tódolos públicos da man do Mago Paco. Será na tarde do domingo 3 de agosto a partires das 19:30 horas.


Así mesmo, no interior do recinto do Multiusos, a Feira contará cun posto de xeados artesáns e cun bar que será un punto de encontro e de lecer onde se poderá facer “terraceo”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outra banda, AECA levará a cabo un sorteo de vales de compra, no cal repartirá 300 euros en premios para gratificar as mercas durante a feira.


Toda a información do evento estará dispoñible en www.aecomarcadearzua.com  e poderá seguirse a través das redes sociais da asociación. Esta actividade, organizada pola Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa, que conta coa colaboración do Concello de Arzúa, é cofinanciada pola Xunta de Galicia para a dinamización do Centro Comercial Aberto de Arzúa.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page