top of page

A asociación de empresarios da Área 33 de Silleda estrea local no viveiro de empresas do concello

Laura Moure/Silleda

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, e o presidente da Asociación de Empresarios do Polígono, Juan Carballo, asinaron un contrato de cesión de uso do dun novo despacho do Viveiro de Empresas, durante o transcurso dun acto organizado pola propia organización. Coa cesión do despacho número 1 do Viveiro, se lle abre a posibilidade a entidade asociativa de poder ampliar as súas accións ao dispor dun novo despacho, totalmente equipado con mobiliario e equipos informáticos, para a súa xestión interna e a atención aos asociados.

Neste acto, ademais Cuiña e Carballo estiveron presentes a concelleira de Xestión Urbana, Medio Ambiente e Promoción Económica, Paula Fernández, e membros da directiva da Asociación representada polo vicepresidente, Luis Alberto Lázara e o tesoureiro, Jesús Lázara.


Publicidade

Tanto a sinatura como a posterior entrega de chaves do local, organizouse no Salón de Actos, un espacio que se encheu con empresarios e empresarias convidadas ao evento polo propio colectivo, e ao que o alcalde se referiu expresamente. "Este salón de actos está deseñado e pensado para que o poidades usar para as vosas actividades empresarias, de formación, reunión, actos. Está a vosa disposición”.


Durante a súa intervención o mandatario tamén recordou que "neste momento temos dous despachos máis totalmente equipados para que a nosa xente poida iniciar a súa empresa" lembrando que poden optar aos servizos do viveiro non só empresas de nova ou recente

creación, senón tamén, aquelas empresas que aínda estean en proceso de constitución.


Publicidade

Pola súa banda, o presidente dos empresarios, agradeceu ao Concello a cesión do espacio e puxo en valor o inmoble municipal nun polígono coa totalidade das naves en uso e que está a vivir un dos seus mellores momentos .


Ambos dirixentes compartiron a idea da necesidade e utilidade do viveiro no polígono e o alcalde recordou que “este edificio está deseñado para incorporar unha planta máis no caso de que vos faga falla”.


Publicidade

Para finalizar o evento, e tras unha visita as instalación, todas e todos os asistentes desfrutaron dun ágape de Nadal organizado polo colectivo. Dende o Concello recórdase as e os emprendedores interesados no viveiro que poden consultar as bases de uso na web ou no taboleiro municipal ou dirixirse á Concellería de Xestión Urbana, Medio Ambiente e Promoción Económica a través do mail emprego@silleda.es.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page