top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Asociación de Desarrollo Rural Pontevedra Norte, xunto con 30 grupos de acción local, executan o proxecto 'Semtayr'

Abarca catro Camiños Xacobeos Oficiais a Santiago de Compostela e integra as comunicades autónomas de Andalucía, Extremadura, Castilla e León e Galicia


Laura Moure/Deza

A Asociación de Desarrollo Rural Pontevedra Norte, xunto con 30 grupos de acción local, executan o proxecto Semtayr "Creación dun sistema de xestión, monitorización e comunicación virtual para a mellora da experiencia peregrina no Camiño de Santiago, Vía da Prata e Camiño Mozárabe.


Así é un proxecto que abarca catro Camiños Xacobeos Oficiais a Santiago de Compostela (Vía Augusta, Camino Mozárabe, Vía da Prata e Camino Sanabrés), integra a catro CC.AA (Andalucía, Extremadura, Castilla e León e Galicia), sendo seguramente o

que máis quilómetros teña dos camiños Xacobeos, uns 2.150km de recorrido, e discorre por máis de 280 municipios.

O proxecto SEMTAYR é un dos tres proxectos nacionais aprobados polo Ministerio de Industria Comercio e Turismo, en relación aos camiños Xacobeos, dentro do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia, Financiado pola Unión Europea a través dos Fondos NextGenerationUE, en Experiencias Turismo España. Este proxecto confórmano 30 Grupos de Acción Local, que actúan como unha agrupación de socios, coordinados polo Centro de Desenvolvemento Rural “A Serena”, e que son os executores do mesmo:


  • Andalucía:

ADR Alpujarra Sierra Nevada Almería; ADR Comarca Filabres Alhamilla; ADS do Poñente Granadino; ADR da Serra Sur de Xaén; GADL Comarca de Antequera; GDR Territorio Nororiental de Málaga; AD Guadajoz e Campiña Este de Córdoba; ADR Comarca dos Pedroches; AD Sierra Morena Cordobesa; ADR Subbética Cordobesa; ADL Comarca Baixo Guadalquivir; GDR Corredor da Prata; AC Gran Vega de Sevilla; ADR Sierra Morena Sevillana.


  • Estremadura:

CEDER “A Serena”; AD Veigas Altas do Guadiana; AD Comarca de Lácara; CEDECO – Tentudía; CEDER Zafra Río Bodión; ADI Sierra de Montánchez Tamuja; AD Comarca Tajo Salor Almonte; AD Valle do Alagón; ADI Valle do Ambroz.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!
  • Castela e León:

ADRI Serras de Salamanca; ADRE Comarcas de Campo Charro, Alba de Tormes e Guijuelo; ADRE Territorio Nordeste de Salamanca; GAL Toro, Guareña e Viño; ADRI Pombais.


  • Galicia:

AGDR Limia Arnoia e ADR Pontevedra Norte.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O proxecto SEMTAYR levará a cabo tanto accións comúns para todo o ámbito do proxecto, como accións individuais no territorio de cada socio. Algunhas das accións comúns son:

  1. Evolución de marca - Storytelling.

  2. Creación da Plataforma Web Observatorio Camiño de Santiago Vía da Prata–Camiño Mozárabe e app

  3.  Plan de Comunicación ou Etc


Algunhas das accións individuais son:

  1. Capacitación, sensibilización e dinamización da cidadanía e/o o tecido produtivo

  2. Comunicación e márketing Camiño de Santiago Vía da Prata–Camiño Mozárabe

  3. Deseño, creación e márketing de experiencias turísticas tematizadas para peregrinos.

  4. Mellora, dixitalización e/o adecuación da sinalización do Camiño. ou Etc.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ademais, o proxecto conta coa participación e apoio da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e das Asociacións provinciais afectadas no seu ámbito de actuación xunto coa Association deas amis du Camiño Mozarabe (París).


1 comentario

Entradas recientes

Ver todo

1 Comment


Danlle menos cartos que lle dan a voz

Like
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page