top of page

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Silleda anima á recollida de pousos de café

A empresa colaboradora nesta campaña ofrece ademais un sistema de remuneración para os establecementos adheridos


Laura Moure/Silleda

Logo de animar recentemente a os establecementos asociados a formar parte das campañas Bonos Activa Comercio e Días Azuis do Comercio Galego, así como de proporcinar as ferramentas para abordar á clientela máis nova animando aos socios e socias a ofrecer descontos co Carné Xove, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Silleda, (ECOS) vén de convidar ao seu sector hostaleiro a unirse a unha rede de recollida de pousos de café para a súa reciclaxe.

Seguindo a aposta pola sustentabilidade que ECOS puxo marcha en maio deste ano coa campaña permanente Trasdeza sen plástico para tentar ser un concello cun comercio exemplar en materia medioambiental, a asociación púxose en contacto coa empresa galega Coffee Compost que valora incluir na sua ruta de recollida de pousos o concello de Silleda.


A asociación traballa para ofrecer a esta empresa experta en recollida e xestión para reutilización de pousos do café un listado cos establecementos interesados en darlle unha segunda vida a este material de refugallo que adoita mesturarse con outros lixos imposibilitando normalmente a súa reutilización.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O colectivo espera que coa colaboración da Concellería de Comercio e Medio Ambiente este listado inclúa tamén a establecementos hostaleiros que aínda non forman parte da asociación para optimizar así o proceso de recollida semanal por parte da empresa colaboradora, que ofrece ademais un sistema de remuneración para os establecementos adheridos.


Desta maneira, a asociación ponse á disposición de toda a hostalaría trasdezá co fin de que ese listado inclúa á maior parte de establecementos hostaleiros posible e para iso habilitan o seu número de teléfono 628 132 479 para que os negocios que se queiran adherir a este servizo o notifiquen vía Whatsapp.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page