As compras que teñan lugar entre as datas sinaladas optarán a tres premios que se sortearán o día 1 de xuño
Laura Moure/Silleda
A Asociación de Comerciantes de Silleda (ECOS) pon en marcha desde hoxe, venres 28, e ate o 28 de maio unha nova campaña comercial para incentivar que as compras relativas ao día da Nai e as previas ás vacacións do verán se sigan a facer no pequeno comercio local asociado.
Para iso as compras que teñan lugar entre as datas sinaladas optarán a tres premios que se sortearán o día 1 de xuño, como ven sendo xa habitual, en directo e polas redes do colectivo.

Os premios e o funcionamento da campaña son como segue:
"Un Raio de Sol!
Equípate para o verán coas túas compras de primavera e do resto xa se ocupa ECOS"
As túas compras do 28 Abril ao 28 Maio
optarán a tres agasallos para disfrutar este verán en compañía:
*Primeiro premio:
-2 tumbonas de terraza
-1 Sombrilla de terraza
-2 Vales de tratamento terapéutico (sesións INDIBA)
*Segundo premio:
-1 Barbacoa,
-2 Vales para disfrutar da Festa da Paella
-2 Vales de tratamento terapéutico (sesións INDIBA).
*Terceiro premio:
-2 Vales para disfrutar da Festa da Paella
-2 Toallas de praia
-1 Set de deseño para preparar cócteles este verán
Funcionamento
Con cada compra dun importe mínimo duns 10 euros aproximadamente, cada cliente recibirá unha rifa para cubrir co seu nome e teléfono de contacto. Esta rifa será depositada nas urnas habilitadas en cada comercio e dispoñibles durante toda a campaña. Todas as rifas recollidas nas urnas durante o período da campaña optan aos premios máis arriba detallados.
Comments