top of page

A Asociación de Comerciantes de Silleda lanza unha campaña de conciencia medioambiental pioneira

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Os comerciantes poderán exhibir no escaparte dos seus locais un diploma no que figuran os seus maiores logros de cara a ofrecer un servizo máis sustentable aos seus clientes


Laura Moure/Silleda

A Asociacion de Comerciantes de Silleda (ECOS) lanza hoxe, xoves 28, unha campaña de

concienciación medioambiental pioneira no seu sector e exclusiva para comerciantes que exerzan a súa actividade no Trasdeza, sexan ou non socios de ECOS. Ao solicitar formar parte da campaña os comerciantes poderán exhibir no escaparte dos seus locais un diploma no que figuran os seus maiores logros de cara a ofrecer un servizo máis sustentable aos seus clientes.


Anque a campaña se denomina Trasdeza sen plástico, a campaña vai máis alá e outorga “medallas” a todos aqueles pequenos xestos e esforzos individuais dos comerciantes reflexando o seu compromiso co medio ambiente. Desde medidas para o aforro de auga ou eficiencia enerxética nas súas instalacións, a correcta xestión de residuos ou a reutilización de material de embalaxe ata a erradicación do uso de palliñas e tazas de café desbotables na hostalaría pasando por iniciativas para animar a que a xente acuda á peixaría ou á carnizaría coa sua propia fiambreira para evitar así, na medida do posible, o uso de embalaxes plásticas e/ou desbotables.

Coa campaña ECOS busca dar certa cobertura dun xeito divertido, novidoso, interactivo e didáctico a varios dos O.D.S. (obxectivos de desenvolvemento sostible) que marca a ONU poñendo así o seu pequeno gran de area no ámbito da protección do medio.


A campaña será presentada este xoves en redes sociais e a convocatoria para solicitar formar parte dela estará aberta durante algo máis dun mes, período durante o cal a asociación explicará en detalle o funcionamento da mesma e que hai destrás de cada unha das “medallas” que se poden exhibir nos establecementos que se acollan a ela.


Son moitos os establecementos no Trasdeza que xa ofrecen alternativas eco-conscientes ou xestos que amosan a sua preocupación pola protección do entorno natural e desde ECOS consideran que é ben facérllelo saber á xente. En ocasións son pequenos xestos os

necesarios para que o servizo que se ofrece sexa algo máis sustentable e cun pequeño esforzo (ao que animan desde a asociación) o obxectivo é facilmente alcanzable e o prestixio como comercio con conciencia medioambiental pode servir como aliciente aos clientes locais máis comprometidos ou incluso, servir de reclamo a clientes que poidan vir

doutras vilas atraídos por esta iniciativa.

Durante a semana do 3 de maio ao 5 de Xuño, coincidindo o domingo día 5 co día Mundial do Medio Ambiente, os locais adxuntos, previa aprobación da súa solicitude e asesoramento, poderán exhibir nos seus establecementos os diplomas nos que se expresa a vontade de seguir traballando cara a un servizo máis sustentable xunto coas medallas que amosan o seu nivel de conciencia medioambiental no presente. Poñer en valor a exclusividade dos servizos que ofrece o pequeño comercio e facer fincapé na importancia de apoialo para preservar a súa supervivencia no tempo é un obxectivo común a todas as asociacións de empresarios, sexan do tamaño que sexan, pero con esta campaña ECOS dá un paso máis adiante outorgando ao comercio do Trasdeza un distintivo único, novidoso e pioneiro no ámbito da sustentabilidade. Un compromiso que cada vez é máis demandado polos consumidores máis conscientes da necesidade da protección do noso medio.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page