top of page

A Asociación de Comerciantes de Silleda lanza a campaña 'Mercar en Silleda Suma e Multiplica'

Será do luns día 13 ao do 2 de abril con motivo do Día do Pai


Laura Moure/Silleda

Para animar ás compras típicas polo Día do Pai e as de estrea da primavera, a Asociación de Comerciantes de Silleda (ECOS) lanza unha campaña de promoción do pequeno comercio asociado que empeza este mesmo luns día 13 e remata o 2 de abril e que terá premio. O seu lema xa o di todo: Mercar en Silleda Suma e Multiplica!!

Isabel Núñez e Estefanía Fernández, tesoreira e secretaria de ECOS respectivamente.

Fomentarase que os clientes merquen durante o período da campaña en establecementos ECOS, garden os tickets e cando teñan un mínimo de 50 euros en compras (pode ser cun so ticket ou a suma de varios, dun só establecemento ou de varios) poden participar deixando os mesmos nun sobre co seu nome nos establecementos ECOS. O importe dos tiquets que irá no sobre é a cantidade que cada xogador "aposta".


O sorteo será o martes 4 de abril e todos os sobres cos tiquets dentro irán a unha urna.

Noutra urna introduciranse tres sobres coas seguintes opcións: multiplica por 2, multiplica por 5 e multiplica por 10, e outros tres sobres coas opcións: suma 100€, suma 150 € e suma 200€.

Á hora de sacar os premios collerase un sobre de cada unha das urnas, co que o sobre premiado pode, ben sumar ou ben multiplicar, dependendo do que saia da segunda urna.

Para cada un dos tres premios hai un máximo:

PREMIOS:

  • 1º PREMIO: O importe total dos tiquets do sobre da primeira urna pode sumar ou multiplicar polo importe que saia no sobre da segunda urna ata un máximo de 1.000 euros. O premio será un vale ECOS para gastar no comercio asociado ECOS.

  • 2º PREMIO: Pode sumar ou multiplicar ata un máximo de 500 euros.

  • 3º PREMIO: Pode sumar ou multiplicar ata un máximo de 300 euros. Estes días a directiva está a distribuir entre os 68 socios todo o material da campaña e animan a que socios e socias compartan nas suas redes desde xa mesmo o cartaz e a información relativa ao funcionamento da mesma para axudar a darlle máis difusión.





0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page