top of page

A Asociación de Amigos do Camiño de Shikoku Henro reforza os lazos con Arzúa nunha nova visita

Laura Moure/Arzúa

Arzúa recibiu un ano máis a visita dos representantes da Asociación de Amigos do Camiño de Shikoku Henro, encabezados polo seu presidente, Hirofumi Matsuoka.  Esta nova visita reafirma a estreita relación entre ambas rutas de peregrinación e permite aos visitantes afondar no coñecemento da cultura, da historia e da gastronomía que ofrece Arzúa.

foto

Os representantes da Asociación de Amigos do Camiño de Shikoku Henro percorren cada ano diferentes puntos do Camiño de Santiago, reforzando os lazos entre a ruta xacobea e esta peregrinación budista de 88 templos na illa de Shikoku. En Arzúa, ademais de visitar o monolito conmemorativo instalado en 2022, terán a oportunidade de gozar das súas tradicións e descubrir a riqueza gastronómica da vila.


Begoña Balado, concelleira de Turismo de Arzúa e vicepresidenta da Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés, destaca a importancia desta relación internacional: “O Camiño de Santiago é un punto de encontro de culturas e espiritualidades, e a visita dos representantes da Asociación de Amigos do Camiño de Shikoku Henro demostra a súa proxección global. Para nós é un orgullo recibir aos nosos amigos xaponeses, que cada ano descobren novos matices da nosa vila e da nosa hospitalidade”.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Shikoku Henro, Hirofumi Matsuoka, expresou o seu agradecemento pola hospitalidade e subliñou a relevancia desta irmandade entre as dúas rutas: “O Camiño de Santiago e o de Shikoku Henro comparten valores comúns de peregrinación, reflexión e espirituaidade. Para nós é un honor visitar Arzúa e compartir estas experiencias co pobo galego”.


Nesta ocasión, os representantes da Asociación tamén tiveron a oportunidade de participar nos festexos do Entroido, unha das celebracións máis emblemáticas da cultura galega, onde puideron descubrir as máscaras, os disfraces e as tradicións desta festa ancestral. O Concello de Arzúa valora moi positivamente esta visita, que contribúe a fortalecer a proxección internacional da vila dentro do Camiño de Santiago e a consolidar os lazos entre Galicia e Xapón.


O pasado venres tamén estiveron en Melide colocando un fito:


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page