top of page

A Asociación de Amas de Casa de Palas tece unha gran árbore de Nadal que lucirá na Praza do Concello

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Palas de Rei

A Asociación de Amas de Casa San Tirso de Palas de Rei, a través do seu obradoiro de manualidades e artes creativas, está a desenvolver unha iniciativa propia consistente na elaboración dunha árbore de Nadal, de gran tamaño, que será exposta este Nadal na Praza do Concello de Palas de Rei.

Dende hai varios meses, as integrantes de dita Asociación afánanse tecendo a la, para cada un dos detalles que conformarán esta árbore feita en croché que mide case catro metros de alto e na súa base está dotada de case seis metros de perímetro.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Dende que está Asociación presentoulle a inicativa ao Concello de Palas de Rei “este amosouse moi colaborador facilitando o traballo e asumindo os custes do material e preparación da estrutura” destaca Marisa López Martínez, directora da iniciativa e profesora do Obradoiro na Asociación de Amas de Casa San Tirso de Palas de Rei, quen a súa vez descata o “gran traballo que hai detrás e as moitas horas invertidas para facer o vindeiro Nadal un pouco máis fermoso”.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page