top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Asociación Cultural Xirandola da Bandeira queda en terra en Menorca por un voo que sae antes de tempo

"É inaceptable que nunha situación de alerta vermella e coas condicións extremas, Ryanair non mostrase ningunha flexibilidade nin consideración cara aos seus pasaxeiros, especialmente cara aos máis vulnerables, que son os nenos", sinala o colectivo


Ecos da Comarca/Silleda

A Asociación Cultural Xirandola, da Bandeira (Silleda) xunto con outros pasaxeiros, viviu unha experiencia sumamente desafortunada e frustrante no aeroporto de Menorca o pasado sábado 16, cando as 26 persoas, incluidos menores, da asociación quedaron en terra pola aeroliña Ryanair, malia as circunstancias extremas e adversas que afectaron á illa.


Este é o comunicado que publicaron nas súas redes sociais:

"A secuencia de eventos comezou cando Ryanair reprogramou o voo orixinalmente previsto, adiantando a hora de saída. Esta decisión, tomada sen ter en conta as condicións meteorolóxicas adversas, deixou aos pasaxeiros cunha marxe de tempo extremadamente xusta para chegar ao aeroporto.


A illa de Menorca atopábase baixo alerta vermella debido a severas condicións meteorolóxicas, o que causou un caos nos transportes. A pesar de saír con tempo máis que suficiente para o voo, os pasaxeiros enfrontáronse a graves dificultades para chegar ao aeroporto debido ás interrupcións no transporte público e ao tráfico provocado polo mal tempo.


Publicidade

Á súa chegada ao aeroporto, e a pesar de chegar á porta de embarque apenas un minuto despois do peche, o persoal de Ryanair negouse a permitir o acceso ao avión, pechando as portas e deixando aos 26 pasaxeiros, entre eles moitos menores, sen posibilidade de embarcar.


Esta situación deixou aos afectados nunha situación precaria, obrigándoos a pasar a noite no aeroporto sen ningún tipo de asistencia por parte da aeroliña. Para poder regresar á casa, tívose que organizar un periplo que incluíu un ferry, dous autobuses e un tren de alta velocidade, o que incrementou considerablemente o tempo de viaxe e os gastos imprevistos.


Publicidade

É inaceptable que nunha situación de alerta vermella e coas condicións extremas que estabamos vivindo, Ryanair non mostrase ningunha flexibilidade nin consideración cara aos seus pasaxeiros, especialmente cara aos máis vulnerables, que son os nenos". "Vémonos obrigados a pasar a noite en condicións incómodas no aeroporto, e logo a emprender unha viaxe esgotadora que durou horas e horas, cando todo isto podería terse evitado con un pouco de empatía e xestión axeitada."




0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page