A Asociación Cultural Miolos de Fume celebrará o Rali de Carretillas de Vila de Cruces o día 10 de agosto
- Laura Moure
- 27 jul 2024
- 2 Min. de lectura
Ademais das carreiras, a organización agarda que haxa un novo impulso ás carretillas artísticas e customizadas que estarán expostas na Praza
Laura Moure/Vila de Cruces
A Asociación Cultural Miolos de Fume celebrará o Rali de Carretillas de Vila de Cruces na que será a súa XVII edición e se celebrará o día 10 de agosto dende as 17:30 horas, encadrado nas festas da Piedade de Vila de Cruces e tendo saída dende a Praza Paco Lareo.
A organización fará algunas modificacións tendo conta a opinión do público asistente con en pasadas ocasións, polo que unha parte do rali será completamente innovadora e, "esperamos, que fará as delicias do público e dará un cambio aos participantes". Os emplazamentos serán similares a anos anteriores aínda que a proba do colexio cambiará de aires, nun emplazamiento pendiente de ser aprobado. A pesar dos cambios, o formato "velocidade, forza e habilidade" seguirá sendo a base.

Ademais das carreiras, a organización agarda que haxa un novo impulso ás carretillas artísticas e customizadas que coma sempre estarán expostas na Praza dende a chegada dos participantes. Dentro da carreira, aqueles que traian a súa carretillas customizada recibirán unha bonificación de tempo.
En canto aos trofeos, coma sempre a organización contará con trofeos especialmente creados para esta edición para os tres primeiros clasificados, así coma para a mellor escudería ou carretilla que pode ser escollida tanto entre os corredores coma entre as carretillas artísticas. Os gañadores do rali levarán ademais o gran trofeo cos nomes de todos os gañadores, e estará na súa posesión ata o vindeiro ano.
Publicidade
A organización do Rali conta de novo coa axuda dos ‘Amigos da Carretilla’ que abarca a toda aquela persoa allea a Miolos de Fume que traballa para que o Rali poida seguir celebrándose un ano máis. "Ademais dos organizadores, o rali conta coa colaboración do Concello de Vila de Cruces, así como a de Estrella Galicia e Disanfa que, á espera de confirmar máis colaboradores, nos abastecen de bebidas. O cartel e camisetas, de novo, son un deseño de Angrois Deseño e están dispoñibles para a súa encarga tanto en redes sociais coma na tenda Calzados Iglesias ata o día 1 de agosto, e poderán mercarse as últimas unidades o mesmo día do Rali. Por desgraza este ano non poderemos contar con música en directo xa que contamos cun presuposto axustado, pero o Rali estará cheo de música e risas!".
Comentarios