Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A Asociación Cultural Chorima de Lalín convoca un concurso con motivo do mes das Letras Galegas

Habrá dúas modalidades, de relato curto e poesía, e pode participar calquera persoa da comarca de Deza


Laura Moure/Lalín

Con motivo do mes das Letras Galegas a Asociación Cultural Chorima de Lalín presenta o concurso literario Letras para Asubiar! Pode participar calquera persoa da zona do Deza e hai dúas modalidades: relato curto e poesía. As dúas contarán cun premio, ademais o relato gañador publicarase exclusivamente en ECOS DA COMARCA.


"Queremos premiar e fomentar a creatividade da xente da nosa zona na nosa lingua e por iso creamos este concurso", apunta o colectivo. As obras deben presentarse obrigatoriamente en lingua galega e deben ser inéditas. A extensión máxima é de 1.000 palabras, habrá dúas modalidades, de relato curto e poesía, e a temática será libre.


Os textos terán que ser enviados ao correo da asociación chorima.acl@gmail.com co nome e posteriormente serán entregados ao xurado de xeito anónimo. E admitiranse os textos ata o 17 de maio.


O xurado estará composto por profesionais da lingua e literatura galegas. Serán un total de tres membros e un secretario ou secretaria da Asociación Cultural Chorima que terá voz, pero non voto.


O premio outorgaráselle á obra que por unanimidade ou por maioría de votos sexa considerada merecedora da distinción. E a decición farase pública o 31 de maio.


Entregaranse dous premios, un para cada modalidade, formados por un lote de libros e un vinilo. E as obras premiadas serán publicadas no noso xornal ECOS DA COMARCA.




121 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE