A Asociación Cultural A Pinguela de Bama celebra unha semana de portas abertas
Durante este periodo os interesados poderán probar algunha das modalidades que imparte
Laura Moure/Touro

A Asociación Cultural a Pinguela de Bama (Touro) inicia este venres unha semana de portas abertas na cal os interesados poden ir probar unha clase co distinto profesorado. O colectivo imparte baile, pandeireta, combo de música e baile para os máis pequenos, gaita, percusión, acordeón e pintura e debuxo.
Toda a información de cada unha das modalidades na imaxe:

Naquel caso en que alguén se queira anotar nalgunha destas actividades, xa se pode inscribir a través do seguinte enlace http://ir.gl/APinguela22-23