A asociación Cheiros NON de Touro retoma as denuncias por malos olores
- ecosdacomarca
- 23 jul 2024
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro
Veciños de Touro a través da asociación Cheiros Non retoman as denuncias por malos olores. Este é o comunicado íntegro que nos envían:
"Imos ter que pedir tamén a declaración de emerxencia se seguen así”, é a frase máis comentada hoxe en Touro, un grupo de veciños e veciñas acudimos novamente ao concello para poñer as denuncias por malos cheiros procedentes da planta de tratamento de residuos TEN, que opera na mina de Touro, e que recibe a diario decenas de camións con lodos de depuradoras e outros residuos, que no seu traxecto, ao non ser bañeiras empermeabilizadas como debería ser, van deixando un rastro nauseabundo e insoportable, procedentes de todas partes de Galicia, un gran negocio; moitos son os coches que ven na obrigación de parar para gardar distancia ata que se afastan para poder continuar o traxecto, xa non sería a primeira vez que algún deses camións deixa a súa carga polas estradas polas que pasan.

Pero o peor xa nos é esa situación, o peor é que despois de anos e anos denunciando o incumprimento por parte da empresa da autorización que teñen, segundo a que non se deberían producir malos cheiros á poboación; despois de que se solicitase por parte dos veciños e o concello á Consellería de Medio Ambiente da instalación dunha estación de medición de calidade de aire que lles permita saber que se está respirando e con que frecuencia, seguimos na mesma situación: anos e anos sen que se realice nada respecto diso e permítaselle seguir operando sen cumprir co indicado na autorización de non emitir malos cheiros ao medio.
Publicidade
A empresa TEN está pendente da revisión da Autorización ambiental desde fai máis dun ano, coa que quere aumentar as toneladas para recoller, e non só iso senón que coas intencións de reabrir a mina, aínda se estenderían máis as zonas onde que se verían afectados polos depósitos destes residuos afectando a máis poboacións. Son varios os veciños que nas súas conversacións falan do elevado número de casos de cancro a distintas idades que se producen na parroquia de Loxo, e nalgúns casos mesmo chegaron a comentar ao seu especialista médico a situación, medorentos de que estas enfermidades débanse a temas ambientais e non xenéticos.
Ante estas situacións os veciños, denuncian estas situacións no concello para que interveña e traslade as súas peticións á Xunta, piden un estudo epidemiolóxico e a prometida estación de medición de calidade de aire que lles permita saber que riscos para a súa saúde poden estar a correr por culpa destes malos cheiros e por suposto que se obrigue á empresa para cumprir coas súas obrigacións na autorización que lle deron.
Publicidade
Os malos cheiros continuados unha problemática que inflúe directamente na nosa vida diaria, na nosa calidade de vida derivada do incumplimento da actividade da empresa. A empresa a pesar de todas estas queixas continuadas, segue mirando para outro lado,e vendendo que a súa actividade é respectuosa co medio e para iso utiliza servizos de consultoras que fagan de mediadoras, cando a realidade é que debería gastarse o diñeiro deste gran negocio, en cumprir a lei e non en propaganda coa que queren tapar a súa incompetencia para cumprir o requisito de non producir malos cheiros á poboación".
Comments