top of page
Perruquería Marisa.gif

A Asociación Amigos da Empanda porá á venta a súas novas camisolas que xogan coa palabra fariña

Mañá presenta na Bandeira o documental "Morriña", que repasa a historia desta cita gastronómica


Laura Moure/Silleda

A Asociación Amigos da Empanada da Bandeira (Silleda) presenta na xornada de mañá un documental que repasa a historia da cita gastronómica e os seus festivais na voz de persoas históricas como Marichelo Penoucos, José Casal, Ramón Rodríguez, Pepe Ayude entre outros. O proxecto leva por nome Morriña, unha homenaxe á vila da Bandeira.

A entrega, de media hora de duración, foi creada e ideada por Luis Taboada Brea (Arkadia Universe) e será a primeira dun conxunto de traballos audiovisuais que a asociación cultural levará a cabo nos vindeiros anos co obxectivo de “recuperar para sempre a nosa historia e empregar toda esa forza para consolidar a nosa candidatura como festa de Interese Turístico Nacional” sinala o presidente Andrés Seoane.

A estrea terá lugar o sábado 5 de novembro, ás 20:00 horas, no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira. A entrada será de balde e as portas abriranse ao público ás 19:30 horas. Ademais, Amigos da Empanada porá á venda as súas novas camisolas edición limitada, que xa acumulan centos de reservas nas redes sociais. Con chiscadela ao libro de Nacho Carretero, as camisolas xogan coa palabra “FARIÑA”, como elemento fundamental para facer as mellores empanadas.

114 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page