A Asociación Amigos da Empanada de Bandeira presentará o cartel da súa festa o 1 de agosto
- Laura Moure

- 25 jul
- 2 min de lectura
Convida aos socios, á veciñanza e aos visitantes a asistir ao acto no que haberá desgustación de empanada e polbo
Laura Moure/Silleda
A Asociación Amigos da Empanada de Bandeira convida a toda a veciñanza e visitantes ao acto de presentación, que terá lugar o sábado 1 de agosto ás 19:00 horas. Será ese día cando anunciará a presentación oficial dos carteis da 50ª edición da Festa da Empanada, un fito que marca medio século dunha das citas gastronómicas máis queridas da comarca.

PUBLICIDADE
O acto terá lugar o vindeiro sábado, 1 de agosto, ás 19:00 horas, e servirá para dar a coñecer a imaxe que representará esta edición tan sinalada, froito do traballo e do agarimo de todas as persoas que ao longo destes 50 anos fixeron posible que a festa siga medrando e mantendo vivas as tradicións da zona.
PUBLICIDADE
Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Tras a presentación dos carteis, os asistentes poderán gozar dunha degustación de empanadas e polbo, nun ambiente de convivencia e celebración aberto a todos os públicos.
Desde a Asociación Amigos da Empanada de Bandeira convidan a toda a veciñanza, socios e amigos a acompañalos nesta xornada tan especial, na que celebrarán non só a chegada da 50ª edición, senón tamén cinco décadas de historia, cultura e identidade compartida arredor da empanada.
PUBLICIDADE
Por outra banda, e como cada ano, para celebrar o Día de Galicia, este sábado 25 de xullo haberá xornada de portas abertas no Mosteiro de Carboeiro con entrada libre. Este é un dos días do ano no que acceder é gratis, ao igual que tampouco hai que pagar para visitar o Mosteiro os días 18 de maio, Día Internacional dos Museos, e o 10 de agosto, Día de San Lourenzo, a quen está adicado o cenobio.
O Mosteiro de Carboeiro segue a ser un dos lugares máis visitados da comarca do Trasdeza. No verán o monumento está aberto todos os días de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas.









Comentarios