top of page

A Asociación Amigos da Empanada de A Bandeira traballa nunha transición de directivas en positivo

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Silleda

A nova directiva da Asociación Amigos da Empanada de A Bandeira (Silleda) vén de celebrar unha reunión con Luis Novo Buján, secretario da directiva saínte, para facilitar unha doada e cordial transición de directivas.


Andrés Seoane, actual presidente, quixo agradecer a gran cooperación do secretario saínte así como o seu papel na asamblea do pasado venres, onde foi o encargado de conducir o acto, analizar o traballo realizado nos últimos dous anos, así como expor a situación económica da asociación ante a ausencia xustificada da antiga presidenta e do tesoureiro, co que esperan reunirse nos vindeiros días para analizar a situación económica dunha forma máis detallada.


Pola súa banda, Luis Novo quixo manifestar o seu apoio á nova comisión e mostrouse aberto a colaborar no futuro co novo equipo, explicando diversas propostas de gran interese para a asociación. Amigos da Empanada visualiza o futuro con moito optimismo e confirman que o obxectivo será o regreso non só da Festa da Empanada senón tamén do San Cristovo e o Entroido de Verán no mes de xullo.

Andrés Seoane (presidente), Flavia Payno (secretaria), Alfonso Mato (tesoureiro) e Luis Novo, presentes no encontro, afrontan este cambio con moita alegría e optimismo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page