A asociación A Costa de Abades organiza de novo o obradoiro de rosquillas para este sábado 23
- ecosdacomarca
- 19 mar 2024
- 1 Min. de lectura
O domingo 31 terá lugar a XXXVI edición da Festa da Rosquilla de Abades
Ecos da Comarca/Silleda

A Asociación A Costa de Abades organiza dous eventos para este mes, en colaboración co Concello de Silleda. Este sábado 23 realizará o obradoiro tradicional de elaboración de rosquillas, unha actividade de balde que se vén levando a cabo dende os últimos anos. Será a partir das 16:00 horas no Centro Social de Abades.
Publicidade
Dende o luns 25 ata o xoves 28 estarán facendo rosquillas polas tardes, pero será necesario anotarse previamente, xa que o aforo é limitado. Para máis información pódese contactar aos teléfonos 610 58 03 44 ou 651 67 30 13.
Publicidade
O domingo 31 terá lugar a XXXVI edición da Festa da Rosquilla de Abades, un dos eventos gastronómicos máis importantes do municipio.
Comments