top of page
Foto del escritorLaura Moure

A artista arzuá MJ Pérez e Sofía Espiñeira levan a súa música a Marín da man da Deputación

A actuación enmarcouse dentro do programa do ente provincial de Pontevedra Mulleres en acción. Violencia Zero



Laura Moure/Arzúa

As artistas MJ Pérez, de Arzúa, e Sofía Espiñeira foron as protagonistas este xoves do espectáculo “Ao meu compás”, no que uniron as súas voces e música acompañadas da percusionista Ailén Kendelman. A fusión musical do estilo das dúas artistas estivo moi presente durante todo o concerto, no que lle deron voz a temas propios e alleos co seu propio estilo. O concerto, celebrado ao abeiro do programa da Deputación “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, tivo lugar na Alameda Rosalía de Castro de Marín e contou coa presenza da deputada provincial e alcaldesa deste municipio, María Ramallo.

A arzuá MJ Pérez é unha das voces do panorama actual da música galega. Iniciou o seu percorrido en 2014 e acumula xa máis de 200 concertos por toda Galicia e Portugal, tendo presenza en festivais e nos principais circuítos musicais da comunidade autónoma, ademais de catro albumes. A cantautora galega bebe de diferentes estilos, co predominio do pop-rock dos seus primeiros albumes e cun xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último traballo. Pola súa banda, Sofía Espiñeira é unha creadora e artista multidisciplinar que leva unha década desenvolvendo a súa traxectoria arredor do circo, o teatro, a danza e a música. No eido musical, o seu proxecto persoal, que nace no 2016 tras resultar gañadora do II Certame de canción de autor do concello de Teo, basease en composicións orixinais con tonalidades de raíz e linguaxe propia que a levaron a ser xa, no 2022, finalista nos Premios Martin Códax da Música.


Publicidade

O programa provincial “Mulleres en Acción. Violencia Zero” está a celebrar este ano a súa oitava edición baixo o lema “Artistas Aliadas. Mulleres Aliadas”. Programáronse 25 novas accións noutros tantos concellos da provincia con 35 artistas participantes que realizan performance, danza, música, teatro, murais, poesía e audiovisuais para concienciar á sociedade sobre as violencias machistas.

Xa se celebraron accións en Pontevedra, Vigo, Barro, Arbo, As Neves, Cangas, A Cañiza, O Grove, Nigrán e Mos, Gondomar, Oia, Baiona e Cambados, e despois desta en Marín as vindeiras semanas chegará a Tui, Poio, A Lama, Silleda, Vilagarcía, Caldas, Forcarei e Ribadumia.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page