A artesanía brilla con luz propia nos Pendellos de Agolada
- Laura Moure / IsmaelRS
- 14 ago 2023
- 1 Min. de lectura
Este Concello celebrou esta fin de semana a súa 26ª edición do feito a man
Laura Moure/IsmaelRS/Agolada

Os Pendellos de Agolada recuperaron esta fin de semana a súa esencia coa celebración da XXVI Mostra de Artesanía, organizada polo Concello. Algo máis dunha trintena de artesáns, procedentes dende distintos lugares de Galicia, e incluso dende Asturias, centráronse no entorno dos Pendellos. Ademais, tamén se puido deleitar da arte de artista, como Ángel Ayude de Berredo, que un ano máis presenta a súas novidades pictóricas. Mirade o que nos contou Ayude así como os artesáns Manuel Fernández, do Pino, e Damián Pinto, de Marín.
A artesanía complementouse con outras actividades pensadas para todos os públicos, como foron un contacontos, obradoiros e a festa da escuma. Ademais, a música tamén estivo presente con Bico da Balouta, Lucía Pérez, Os Varacunas e o grupo Tanto nos Ten.
Publicidade
Hai que mencionar que ademais da Mostra de Artesanía, o sábado tivo lugar o VIII Festival de Bandas de Música de Agolada "Marcos Areán", organizado pola Banda de Música Municipal de Agolada, que coma sempre teñen o aplauso máis que merecido do público.
Comentarios