top of page

A Apalpadora visitará a Asociación Cultural Falcatrueiros de Monterroso o 22 de decembro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A deputada de Cultura, Iria Castro, anunciou unha nova edición do programa de visitas da 25 colectivos da provincia que puxo en marcha a Vicepresidencia da Deputación de Lugo


Laura Moure/Monterroso

A deputada de Cultura, Iria Castro, anunciou unha nova edición do programa de visitas da Apalpadora a 25 asociacións da provincia que puxo en marcha a Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Este proxecto naceu co obxectivo de promover a presenza de tradicións propias na representación do Nadal e ofrecer a nenas e nenos unha proposta de lecer en galego nestas datas.

A Apalpadora acompañou á deputada na presentación desta actividade que comeza este domingo, 10 de decembro, no Vicedo, e rematará o 30 de decembro tras pasar polos concellos de Viveiro, Pol, Foz, Guitiriz, Cospeito, Lugo, Vilalba, Samos, Monterroso, O Saviñao, Mondoñedo, Castro de Rei, Cervantes, Láncara, Castroverde, A Pontenova, Riotorto e Castro de Rei.


A narradora Antía Vázquez, acompañada polo músico André Espiñeira, será a encargada de presentar ás crianzas esta personaxe, un carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas a noite do 24 ou o 31 de decembro para tocar o ventre das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas e desexos de felicidade e comida.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A súa historia transmitiuse a través da tradición, especialmente na zona do Courel e do oriente ourensán. Na última década, asociacións e colectivos culturais de distintos puntos de tomaron a iniciativa para recuperar este personaxe e as lendas e ritos que a rodean.

Iria Castro destacou que se trata dun calendario de visitas que nace “co obxectivo de achegar a nenos e nenas esta figura do Nadal galego e a súa historia” e valorou “a oportunidade que esta personaxe ofrece para reivindicar as nosas tradicións e tamén valores ligados ao coidado do territorio”.


O espectáculo

A filla do coñecido Apalpador toma o relevo do seu pai e baixa das montañas para encontrarse coas crianzas da provincia nun formato de contacontos musicado e interactivo onde se mesturan cantigas, lendas e dinámicas. Estará acompañada polo seu irmán músico André, para mergullarse con cancións da súa misteriosa historia. Ademais, levará froitos que recolle durante todo o ano e agasallos fabricados por ela mesma para entregar aos nenos e nenas neste Nadal.


Calendario

Domingo, 10 de decembro O VICEDO AA.VV. San Román do Vicedo: Casa da Cultura do Vicedo ás 17 horas AA.VV. O San Miguel: Local Social da asociación ás 18:30 horas

Luns, 11 de decembro VIVEIRO EEI San Roque: Biblioteca do centro POL ANPA CEIP Rosalía de Castro: Instalacións do centro

Xoves, 14 de decembro FOZ CEIP Fondo Nois: Ximnasio do centro

Luns, 18 de decembro GUITIRIZ ANPA CEIP Santo Estevo de Parga: Biblioteca do centro COSPEITO CPI Plurilingüe Virxe do Monte: Ximnasio do centro LUGO ANPA CEIP Illa Verde: Auditorio Gustavo Freire ás 18:30 horas


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Martes, 19 de decembro VILALBA CEIP Terra Chá: Aula Multiusos

Xoves, 21 de decembro SAMOS CEIP de Samos: Comedor Escolar


Venres, 22 de decembro MONTERROSO Asociación Cultural Falcatrueiros: Centro Sociocultural ás 17 horas

Sábado, 23 de decembro O SAVIÑAO Asociación Lavandeira: Local Social de Currelos ás 16:30 horas COSPEITO Asociación Cultural A quilino Iguesia Alvariño: Casa da Cultura de Muimenta ás 19:30 horas

Domingo, 24 de decembro VIVEIRO Asociación Cultural Pro: Praza Maior ás 12:30 horas MONDOÑEDO Asociación Cultural O Pasatempo: Auditorio ás 17 horas

Luns, 25 de decembro CASTRO DE REI Asociación San Martiño de Goberno: Escola de Goberno ás 17 horas GUITIRIZ AA.VV. Os Vilares: Escola Habanera da Conchada ás 19:30 horas


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Martes, 26 de decembro CERVANTES ANPA CPI de Cervantes: Instalacións do centro ás 12 horas LÁNCARA Asociación Cultural Val de Láncara: Antiga Escola ás 17 horas CASTROVERDE ANPA CPI de Castroverde: Instalacións do centro ás 19:30 horas

Venres, 29 de decembro A PONTENOVA Eco das Minas (A Chocolateira): Salón de Actos da Casa da Cultura ás 12 horas RIOTORTO AA.VV. De Santa Comba da Órrea: Antiga Escola de Órrea ás 17 horas

Sábado, 30 de decembro LUGO Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplantenses: Casa das Asociacións (Rúa Montefaro) ás 12:30 horas CASTRO DE REI Asociación de Amingos da Feira: Teleclube ás 16:30 horas COSPEITO AA.VV. Recreativo e Cultural San Maritño de Pino: Escola de Pino ás 19 horas.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page