top of page

A ANPA e o BNG denuncian a ausencia de persoal de cociña no colexio de Piloño

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O colexio de Piloño vén de recibir a malísima nova de que non haberá servizo de comedor escolar por non haber persoal de cociña. O persoal do CEIP e as familias están consternadas. "66 crianzas comerán de bocadillo mentras a Xunta non subsane a situación", tal como informaba a primeira hora da tarde de onte a ANPA Paxarinhas e o BNG deste municipio. Aínda que a última hora de onte lles comunicaron que terían servizo de catering.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Trátase dun colexio cun gran repunte de natalidade, cunha comunidade educativa do máis exemplar e lonxe de introducir medidas que axuden a levantar este cole do rural, a Xunta deixa sen servizo se comedor a máis de 60 familias.  O Consello Escolar ven de constituir unha Comisión de Emerxencia para facer fronte a esta situación. A ANPA está a facer chamamentos a tódalas institucións e organismos públicos para encontrar o xeito de solventar isto coa máxima premura. Agradecemos todo o esforzo e implicación ao persoal docente, non docente e familias. Tamén agradecemos infinito a labor de Fernando, o cociñeiro que está a sufrir está situación laboral e que tanto deu de si no CEIP de Piloño, pois é parte de todas nós", indica o colectivo que sinala que "dende fai 15 días xa sabemos que o contrato do cociñeiro actual non se renova, porque sobrepasaría os 3 anos de contrato e non se cubreu a vacante de mañá (por hoxe), e non sabemos cando se cubrirá polo que a solución do bocadillo pode ser que sexa de máis días".

Pola súa banda, o o BNG urxe á Xunta a repoñer o persoal de cociña. "A Xunta acaba de retirar o persoal de cociña do CEIP de Piloño. Case 70 crianzas terán que xantar de bocadillo ata que se solucione a situación. Isto é un agravio a toda a comunidade educativa", sinala o Bloque que solicitou ao Goberno Local que actúe. 


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outra banda a través da súa deputada Ariadna Fernández acaba de rexistrar preguntas de urxencia ao respecto no Parlamento. "Reclamaremos o que pertence por dereito ás familias do CEIP de Piloño e a todo o persoal docente e non docente. Preguntámonos se no comedor da Xunta tamén van comer de bocadillo mentras dure esta situación, en sinal de solidaridade coas case 70 crianzas de Piloño", recalca o BNG.


Servizo de catering

Ás 21:24 horas a ANPA deste centro contactou con este medio porque acaban de recibir unha nova notificación. "Temos novo abalar comunicándonos que para mañá e pasado mandarán comida de catering... pero as familias queremos que se repoña o servizo de cociña na maior brevidade posible. Non queremos que se instaure o catering no colexio. Cando ata o de agora sempre houbo cociñeiro, e polo simple feito de non prorrogar un contrato por excederse dos 3 anos de interinidade".


Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page