top of page

A ANPA do colexio de Agolada demanda á Educación máis profesores

Ecos da Comarca/Agolada

A ANPA do CEIP De Agolada sinala que xa enviou varios escritos a Consellería e a Xefatura

Territorial de Educación, comunicándolles a situación do seu centro en canto a falta de

profesorado, sen que a día de hoxe ,indica, recibísemos resposta.

"En relación á ratio esixida para os grupos mixtos na resolución do 10 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, publicada no DOG núm. 12 do mércores 17 de xaneiro de 2024 e no Acordo de agrupamentos do alumnado, do 10 de xullo de 2009 o noso centro cumpriría o esixido para optar o desdobramento de tódolos cursos, sen que isto se nos concedese, nen sequera contamos cun profesor de apoio, tendo en conta que existen nenos con necesidades especiais. A isto hai que sumarlle as novas matriculacións levadas a cabo no presente mes de setembro de nenos procedentes de outros países e que están sen evaluar para saber o curso que lles correspondería, dado que o novo Orientador/a incorporárase esta semana", puntualiza a asociación de nais e pais.


Así mesmo, apunta que:

  • A alza na matriculación de nenos de orixe estranxeiro (a día de hoxe supoñen máis do 10%), que require unha maior atención como consecuencia da lingua e do diferente nivel académico posto que soen vir de países menos desenvolvidos.

  • A xubilación no curso pasado da orientadora que levaba anos a xornada completa, e que será substituída por unha a tempo parcial e compartida con Dozón.

  • A falta de AL, ca contamos ata hai dous anos.

  • Todo o profesorado é novo no colexio, así como a función de dirección, permanecendo unicamente dúas mestras do curso pasado, e tendo que enfrentarse ademais de todo o que isto conleva (coñecemento do centro, do alumnado, do profesorado entre eles, os pais...) a dar a dous cursos simultaneamente.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Hai que ter en conta que se trata de un colexio do rural, onde os nenos non dispoñen de servizos como en zoas máis poboadas tales como biblioteca pública, logopeda e outros

especialistas en necesidades especiais... e este centro está sufrindo importantes recortes no ámbito educativo", lamenta a ANPA.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page