top of page
Perruquería Marisa.gif

A ANPA do CEIP de Toques organiza un mercadillo de Nadal os días 10 e 11 de decembro

Laura Moure/Toques

As distintas asociacións de nais e pais das comarcas están moi involucradas cos seus fillos e organizan distintas actividades. Falamos hoxe dun mercadillo de Nadal que organiza a ANPA do CEIP de Toques, contando coa calaboración do colexio, e que terá lugar os días 10 e 11 de decembro.

O 10 de decembro será na Aula da Natureza da localidade en horario de 16:00 a 20:00 horas. Ademais ás 17:30 horas haberá un contacontos a cargo de Alba Cobas que leva por título Unha festa especial. Este está organizado polo Concello e de é acceso gratuíto.

Mentres o día 11 o mercadillo terá como escenario o Cantón de San Roque, en Melide, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. "Expoñeremos pezas de artesanía, decoración navideña e outras sorpresas feitas á man con agarimo polas familias desta ANPA coa fin de recadar fondos e amosarvos o noso xeito de traballar", indica o colectivo. E recalca que todo isto centrado na sostenibilidade, reciclaxe e produtos de proximidade. Ademais, tamén haberá xoguetes e libros doados polo alumnado do centro educativo.

96 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page